Seguridade
Xeral
É seguro BeWelcome?
As veces fannos preguntas como: "Como podo ter a certeza de que as persoas que fan parte de BeWelcome son de confianza?" "Que información vou ter sobre a persoa que me vai aloxar ou que vou aloxar?" "Cal é a miña protección contra criminais que veñan visitarme?"
Calquera actividade, incluíndo as viaxes, carrexa algún risco, pero lembra que ti sempre tes a opción sobre se vas a aceptar a unha persoa hospede ou anfitrioa. BeWelcome ofrece varios recursos para axudarte a tomar unha decisión informada sobre quen penses que é digna ou digno de confianza.
Algúns trámites específicos poden ser máis fáciles de facer por teléfono, etc. pero é importante manter cando menos as mensaxes e solicitudes iniciais por medio do sitio web. Deste xeito quedan rexistradas en BeWelcome. Isto fai que as actividades non seguras sexan máis difíciles.
O perfil dunha persoa é o primeiro lugar para obter información sobre ela en BeWelcome. Esencialmente é unha presentación de si mesma e sempre debes ter isto en conta. Porén, un perfil pode darte unha impresión desa persoa, de como se presenta cara a outras persoas, e de cales son os seus intereses, preferencias e peculiaridades.
Un perfil pode tamén incluír comentarios de outras persoas da comunidade. Estes comentarios diranche que experiencias tiveran outras persoas con ela. Porén, cando leas os comentarios, por favor ten en conta que por varias razóns as veces resúltanos máis difícil escribir comentarios honestos sobre unha experiencia non demasiado boa que escribir comentarios aduladores sobre unha boa experiencia. Polo tanto, os comentarios poderían no dicirnos a historia completa, ou pode que nin sequera se escribisen.
BeWelcome tamén ten un 'Equipo de Seguridade', que pode investigar queixas, facer advertencias e, se é necesario, excluír persoas membro con un comportamento non seguro.
Por favor lembra sempre que a túa seguridade depende do teu propio xuízo e das túas decisións. BeWelcome estará aí para axudarte a tomar decisións informadas sobre hospedar a ou aloxarte con outras persoas da comunidade e para darte apoio en situacións críticas. Aínda que facemos o que podemos para axudarte, non podemos asumir ningunha responsabilidade polas túas accións persoais e a túa decisión final e responsabilidade da túa seguridade é túa. Se te sentes nervioso al hospedar o reunirte con alguén, non o fagas. Sempre usa o sentido común para protexerte ti e os teus bens.
Cada persoa que fai parte da comunidade contribúe a mantela tan segura como sexa posible informando axiña de abusos para evitar que se estendan. Se sabes dunha persoa que estea cometendo algún abuso ou comportándose mal, por favor informa BeWelcome a través del formulario de contacto ou por correo electrónico a safety@bewelcome.org e escribe un comentario apropiado para avisar a outras persoas que interactúen con ela.
Para máis información, por favor visita Páxina de seguridade.
Comentarios no perfil
Cal é o propósito dos comentarios e como remito un comentario a cerca doutra persoa da comunidade?
O propósito do sistema de comentarios é permitir que a comunidade saiba que clase de experiencias tivemos cunha persoa concreta. Compartindo a nosa experiencia axudamos a outras persoas da comunidade a valorar se queren coñecer a esa persoa e ela se é de confianza.
É importante que as persoas da comunidade BeWelcome coiden unhas doutras e a manteñan segura. Polo tanto pedimos ás persoas da comunidade que escriban comentarios honestos e baseados nos feitos sobre as súas experiencias.
Porén, cando leas os comentarios, por favor ten en conta que por varias razóns a moitas persoas resúltalles máis difícil escribir comentarios honestos sobre experiencias non demasiado boas que escribir comentarios aduladores sobre experiencias boas. Os comentarios poden, por iso, ni sempre contar toda a historia ou nin sequera ser escritos.
Cando escribas comentarios sobre outra persoa da comunidade, pregúntate que información tería sido útil para ti ou para a comunidade ao decidires interactuar con dita persoa. Se precisas axuda para escribir comentarios honestos e baseados nos feitos por favor contáctanos ou envía un correo a safety [arroba] bewelcome [punto] org.
Para deixar un comentario sobre outra persoa da comunidade, vai a seu perfil. No lado esquerdo da páxina do perfil hai unha ligazón chamada "Engade Comentario". Pincha nesa ligazón, enche o formulario e pincha en "Enviar formulario" para publicar o teu comentario. Grazas por usar esta ferramenta e axudar a outras persoas da comunidade BeWelcome a tomar decisión ben informadas!
Le as preguntas frecuentes sobre seguridade
faqq_commentguidelines
faqa_commentguidelines
faqq_canieditcomment
faqa_canieditcomment
Mensaxes non desexadas e abusos
Teño unha idea ou suxestión para mellorar BeWelcome. Como podo compartila con vos?
A mellor maneira é crear un tema no grupo de Peticións de funcionalidades, co fin de someter a túa idea á comunidade e obter as reaccións de outras persoas. Se a idea fose apoiada amplamente, pode facerse realidade nunha futura actualización da páxina. Porén, por favor ten en conta que non sempre podemos executar todas as suxestións, incluso cando queremos facelo, debido aos limitados recursos de desenvolvemento.
Alternativamente podes poñerte en contacto co noso Equipo de Apoio para compartir a túa idea.
<p>Como podo cambiar que notificacións recibo de BeWelcome?</p>
Para boletíns informativos e notificacións de eventos locais podes axustar os teus parámetros de notificación na páxina "As miñas preferencias", na lapela "Páxina web".
Para as subscricións aos grupos o fíos do foro, podes cambiar os teus axustes na páxina de "Subscricións" (accesible desde la páxina de Debates).
As notificacións para as mensaxes persoais ou para as solicitudes de aloxamento están sempre activas. Non hai opción a apagalas, porque consideramos que son unha parte esencial do uso de BeWelcome. Se non desexas recibir esas mensaxes, por favor considera a posibilidade de cambiar o estado do teu perfil a "non hospeda" ou de desactivar temporalmente o teu perfil.
As notificacións enviaranse sempre ao teu enderezo de correo electrónico; polo momento non temos notificacións na aplicación móbil. Se non recibes as notificacións de correo-e pode ser que haxa un problema co teu provedor de correo-e ao clasificar os nosos correos como "non desexados". Podes tratar de engadir bewelcome.org á lista de dominios autorizados nos teus parámetros "anti-spam", ou contactar con tu provedor de correo electrónico.